viernes, 12 de febrero de 2016

O OUTPUT DA ACTIVIDADE CIENTÍFICA DA UDC: ACTUALIZACIÓN 2016

O ano pasado por estas datas resumiamos nunha serie de entradas do blog os indicadores da produción científica da UDC. Pasamos a actualizar agora eses datos.

Constitúen o output da actividade científica da UDC os artigos, teses e outros traballos académicos, patentes, actas de congresos, libros e capítulos elaborados polo seu PDI; é dicir, a produción científica da universidade.

Antes de presentar os novos datos é necesario facer un par de puntualizacións:
  • Unha menor, que xa a mencionabamos o ano pasado: os datos de 2015 foron extraídos da Web of Science e de Scopus entre o 3 e 0 11 de febreiro de 2016. Non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos traballos publicados en 2015, dado o breve lapso de tempo transcurrido dende o fin de ano. Os datos de 2014, 2013, 2012 e 2011 xa están consolidados polo paso de alomenos un ano. 
  • A segunda é moi relevante para a interpretación dos datos e afecta aos valores obtidos da Web of Science, non aos de Scopus: desde hai máis de un ano e grazas á colaboración dos servizos da UDC coa WOS na corrección de filiacións insitutucionais, increméntanse substancialmente o número de artigos e outros traballos  que resultan da busca na Colección Principal pola filiación “Universidade da Coruna” en “Organizacións - Nome Preferido”


A produción científica da UDC creceu dun modo importante nos últimos 10 anos. Pero, como pode verse na seguinte táboa comparativa a modo de exemplo, nos valores obtidos da Web of Science xunto a ese incremento da produción hai un aumento debido a corrección da filiación de: 
  • Un 12% en 2013 (639/666) 
  • Un 12% en 2012 (614/544)
  • Un 10% en 2011 (564/510)
  • Na primeira década do século a diferenza é menor

Comparativa dos datos extraídos da Web of Science (SCI, SSCI, &HSCI) en 2015 e 2016.
Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións, cartas e notas):
Nun documento anexo analízanse con máis detalle estas variacións debidas a regularización dos datos da filiación dos investigadores da UDC nos últimos anos, e como inflúen na posición da UDC por produción científica en rankings como o de Observatorio IUNE.
Isto impide que a actualización de indicadores a febreiro de 2016 poida facerse engadindo unha soa columna 2015 cos novos valores as táboas da WOS, xa que entón estas non conterían cantidades homoxéneos e comparables. É necesario refacelas ou mostrar as dúas (anexo).

Hai unha diferencia menor entre 2016 e 2015, pola inclusión na WOS Core Collection do Emerging Sources Citation Index (ESCI), creado en novembro de 2015: só 28 artigos da UDC polo escaso tempo transcurrido.


Datos da produción científica da UDC

Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións, cartas e notas):
Datos datos extraídos da Web of Science (SCI, SSCI, A&HSCI) en  2016

Ano
Artigos
Revisións
Cartas
Notas
Total
2015 (a 3/2/2016)[0]
591
35
21

647
2014
550
25
20

595
2014 (a 23/2/2015) [0.1]
435
22
19

476
2013
596
34
9

639
2012
562
33
19

614
2011
529
19
16

564
Total  2011-2015
2828
146
85

3059
Serie histórica
6859
253
139
10
7261

Publicacións en congresos
Datos extraídos da Web of Science (Core Collection)

Ano
Proceeding papers
(ponencias de congresos)
Meeting abstracts
(resumos de comunicacións)
Total
2015 (a 11/2/2016) [0]
39
83
122
2014
61
108
169
2014 (a 23/2/2015) [0.1]
16
71
87
2013
71
140
211
2012
80
132
212
2011
83
106
189
Total 2011-2015
334
569
903
Serie histórica
890
1732
2622


 
Publicacións segundo a base de datos Scopus:

Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións)

Ano
Artigos
Revisións
Total
2015 (a 3/2/2016) [0]
545
28
573
2014 (a 3/2/2016)
531
24
555
2014 (a 23/2/2015) [0.1]
465
19
484
2013
566
40
606
2012
538
38
576
2011
468
27
495
Total 2011-2014
2027
123
2151
Serie histórica
5793
302
6095

Congresos

Ano
Conference papers
2015 (a 3/2/2016) [0]
103
2014
139
2013
171
2012
148
2011
166
Total 2011-2015
727
Serie histórica
1772

Capítulos de libros

Ano
Capítulos de libros
2015 (a 11/2/2016)
12
2014 (a 11/2/2016)
15
2014 (a 23/2/2015)[0]
6
2013 (a 11/2/2016)
42
2013
31
2012 (a 11/2/2016)
31
2012
25
2011 (a 11/2/2016)
28
2011
26
Total 2011-2015
128
Serie histórica
211



Produción científica dixitalizada no RUC:

Tipo/Ano
2015[1]
2014

2013
2012
2011
Total 11/15
Total
Teses[2]
188
112

114
91
34
644
985
Investigación[3] (2/16)
271
191

185
158
106
911
1323
Investigación (02/2015)

141

139
141
67


TFG, TFM, etc.[4] (02/2016)
504
475

329
74
25   
1407
1429
TFG, TFM, etc. (02/2015)

334

312
65
27
746
773
Publicacións cursos e congresos[5] (02/2016)
5
96

76
360
121
658
2959
Publicacións cursos e congresos (02/2015)

54

76
360
121

2912



Transferencia dos resultados da investigación:

Tipo/Ano
2014
2013
2012
2011
2010
2009
Patentes españolas concedidas
21
11
5
14
7
6
Extensións PCT
1


1


Número de empresas spin-off
6


4


Software e outros RPI rexistrados
14
15
6
18
14
7

Datos obtidos da Memoria de xestión 2014. Informe do reitor para o Claustro. (Apartado 06 Investigación e transferencia).


O output da UDC convértese no input de publicacións posteriores (como sinala o modelo económico input-output). Esta repercusión futura plásmase en citas; o paso de input a output é obxecto da análise de citas e outros métodos, que veremos na próxima entrada do blog.







[0]Os datos de 2015 foron extraídos da WoS e de Scopus en febreiro de 2016. Non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos artigos, ponencias, capítulos de libros, etc., publicados en 2015, dado o breve lapso de tempo transcurrido dende o fin de ano. Os datos de 2014, 2013, 2012 e 2011 xa están consolidados polo paso de alomenos un ano. 
[0.1] Os datos de 2014 foron extraídos da WoS e de Scopus o 23 de febreiro de 2015. Non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos artigos, ponencias, capítulos de libros, etc., publicados en 2014, dado o breve lapso de tempo transcurrido dende o fin de ano. Os datos de 2013, 2012 e 2011 xa están consolidados polo paso de alomenos un ano. 
[1] A 11/02/2015 
[2] Desde 2011 é obligatoria a publicación en depósito aberto das tesis por Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro 
[3] Publicación voluntaria de traballos científicos 
[4] Só se depositan algúns 
[5] 96 cursos e congresos, ciclos de conferencias, etc.

No hay comentarios: