viernes, 11 de diciembre de 2015

WEBINAR SOBRE O EMERGING SOURCES CITATION INDEX (ESCI)



Volvemos a tratar do novo índice Emerging Sources Citation Index (ESCI) do que xa falamos anteriormente, con motivo da apertura do prazo de presentación de solicitudes de sexenios e do incremento de información sobre este produto bibliométrico.

O pasado 8 de decembro tivo lugar un webinar sobre o ESCI, impartido pola Xefa de Research Discovery de Thomson Reuters e coa colaboración dun editor da revista Complex Adaptive Systems Modeling, incluída no índice.

Aínda non hai moita información sobre o Emerging Sources Citation Index, xa que tras o seu lanzamento o pasado novembro aínda está asentando o seu funcionamento. Decotío aumenta o número de revistas (das 3.000 iniciais as 4.100 actuais), de artigos indexados por revista, etc.

A formadora dedicou a primeira parte da súa exposición a cuestións xerais do novo índice como:
  • As vantaxes para os editores: estar na Colección principal da Web of Science; nun índice especializado en contidos emerxentes; na lista de editores fiables de Thomson Reuters. O editor da revista CASM que falou en primeiro lugar confirmou esta mellora na visibilidade e referiu un aumento de envío de manuscritos trala inclusión no ESCI. 
  • Aos dous obxectivos principais da selección de revistas na WOS Core Collection (selección dos mellores contidos, provisión de estándares obxectivos á comunidade editorial) engádese un terceiro: que a colección reflicta o conxunto global da actividade científica, mediante a mostra de contido rexionalmente importante, o que supón un aumento da transparencia no proceso de selección. Hai 7 novos editores de fóra de Estados Unidos (un en Barcelona)  a través de relacións con gobernos, financiadores e editores comproban que se están avaliando liñas emerxentes e que se cubre toda a literatura avaliada por pares. 
  • Na entrada anterior sobre o índice mencionabamos os catro requisitos para a inclusión no mesmo; estes forman parte dos 16 criterios de selección para los outros índices (SCI, SSCI, A&HCI), polo que na charla falouse da selección para a WOS como un proceso continuo con dúas fases: unha primeira de avaliación rápida para o ESCI e outra posterior de valoración completa, polo que o ESCI é un primeiro escalón de cara a inclusión definitiva nos principais índices da WOS.
Posteriormente, fixo fincapé nunha serie de feitos e números relevantes:
  • Non haberá un Master List (listado de revistas del índice) en 2016 
  •  A taxa de aceptación a finais de novembro era dun 62% 
  • O 42% son revistas en acceso aberto 
  • Análise do contido do ESCI: boa parte das revistas son europeas, con unha alta proporción de revistas de ciencias sociais e humanidades, a diferencia dos índices principais da WOS 
  •  O 64% das revistas del ESCI non están incluídas en Scopus 
  •  As revistas que saen dos índices principais pasan ao ESCI 
  •  Aas revistas non están no JCR (Journal Citation Reports) nin no ESI, pero está prevista a súa futura inclusión na plataforma Incites e as súas ferramentas analíticas e de benchmarking permitirán a comparación con revistas con Factor de Impacto 
  • Indéxase todo o contido, como nos outros índices

No hay comentarios: