Este domingo 8 de novembro Thomson Reuters lanza o novo índice Emerging Sources Citation Index (ESCI), accesible mediante a subscrición da Biblioteca da UDC. Estenderá o número de publicacións na Web of Science ao incorporar revistas de alta calidade con revisión por pares de importancia rexional e en campos científicos emerxentes.
ESCI ofrece
aos editores de revistas un nivel de inclusión adicional na Web of Science e
mellora a transparencia nos procesos editoriais de Thomson Reuters. Os
responsables de revistas poderán solicitar a súa incorporación ao novo índice.
As revistas
no Emerging Sources Citation Index pasaron unha primera avaliación editorial e
serán consideradas para a inclusión nos índices SCIE, SSCI eAHCI, que teñen
procesos de avaliación e seleción máis exixentes. Non teñen Factor de Impacto.
ESCI ofrece
aos usuarios da Web of Science máis opcións para atopar contidos academicamente
relevantes. Coa indización da revista, autores e investigadores poderán
analizar o impacto dos traballos mediante o número de citas e a contribución dun artigo
en disciplinas concretas.
- Revistas con revisión por pares
- Revistas conformes coas boas prácticas da publicación ética
- Contido de alto interese para a comunidade científica (investigadores, institucións de financiamento, administradores de I+D, etc.)
- Contidos que cumpran cos requisitos técnicos de Thomson Reuters
No hay comentarios:
Publicar un comentario