Nesta entrada do blog rematamos a breve exposición dos
servizos da Biblioteca da UDC iniciada no post anterior, falando das condicións
de préstamo,
renovacións e reservas, outros servizos en liña, cursos de formación, etc.
As condicións de préstamo para os alumnos de grao son:
- 6 obras[1]
- Por 10 días naturais[2]
- Préstamo renovable indefinidamente salvo que foran solicitados por outra persoa
A duración do préstamo para alumnos de mestrado e doutoramento
amplíase a 21 días naturais e o número de obras que poden levar, a 10 e 25,
respectivamente.
As renovacións poden facerse no mostrador de calquera
biblioteca da UDC, chamando a calquera dos seus números de teléfono; por Internet,
no sitio web da BUDC en O meu rexistro. Os libros prestados poden reservarse: en persoa, no
mostrador das biblioteca da UDC; por Internet, ben no catálogo da BUDC, ben a
través de O meu rexistro.
Para levar en préstamo libros e para acceder a O meu rexistro vale a Tarxeta de identificación universitaria (TIU) e tamén o DNI; eses servizos poden
usarse antes da recepción da tarxeta mediante a presentación do DNI, incluso os
servizos electrónicos[3].
Como se indica na páxina web,
“a través de O meu rexistro poderá consultar e renovar
os seus préstamos; reservar
documentos, consultar
e cancelar as reservas; gardar
e consultar
o seu historial de lectura; acceder á consulta do catálogo; seleccionar e gardar
as súas buscas preferidas; e crear
listas con documentos do catálogo que lle interesen”
Pódese acceder a O Meu Rexistro dende
as páxinas de inicio da BUDC ou do seu catálogo, e
tamén a través dos elementos do menú Xestións
en liña e Accesos directos. Á hora de reencher os datos do formulario, se non sabes ou recordas o teu código de barras (é o que
figura na TIU), case sempre será 20 + DNI sen letra. O PIN é o da TIU. Se non o recordas, podes recuperalo seguindo as instrucións do seguinte enlace.
Máis información:
- Na páxina da BUDC www.udc.es/biblioteca
- No apartado Préstamos da web
- Na guía de uso de O meu rexistro
- En Facebook
- En Twitter
Para aprender máis sobre o uso da Biblioteca da UDC podes
asistir a cursos de formación
de usuarios:
- “Formación de Usuarios na Biblioteca Universitaria”, na Biblioteca Central
- Cursos e sesións de presentación nas distintas bibliotecas de centros; por exemplo: na Biblioteca Universitaria de Oza, na Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa, na da Escola Universitaria Politécnica, na da Facultade de Ciencias
[1]
Prestables; a normativa
de préstamo da BUDC lista no seu artigo 4.2 as obras excluídas
[2] Salvo nos préstamos especiales (de fin de
semana, de bibliografía recomendada, BIC, etc.)
[3] Recordámosche a importancia de que os novos alumnos se autentiquen na páxina de servizos para poder levar libros en préstamo, xa que a matriculación non leva o alta automática na Biblioteca da UDC
No hay comentarios:
Publicar un comentario