viernes, 17 de julio de 2015

Lecturas de verán



Unha das misións da Universidade da Coruña é a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Dende a Biblioteca queremos impulsar esta misión promocionando a lectura recomendándovos que, se podedes, leades durante todo o ano, e se non, aproveitedes o periodo de vacacións para ler. No Facebook da Sección de Información e Coordinación darémosvos algunha idea; e en páxinas de revistas sobre libros (por exemplo, Qué Leer), suplementos culturais de periódicos (Babelia, ABC cultural) e blogs de literatura (como Elemental) atoparedes diversas suxestións; tamén podedes buscar algún libro concreto no catálogo da Biblioteca da UDC, ou botar unha ollada nas seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural) das bibliotecas dos centros, nelas descubriredes lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics, etc.

Ligazóns de interese:

No hay comentarios: