martes, 21 de julio de 2015

A PRODUCIÓN CIENTÍFICA DA UDC NO OBSERVATORIO IUNE 2015


Na entrada anterior do blog mencionábamos a recente publicación da cuarta edición do Observatorio IUNE (2015, con datos do período comprendido entre 2004 y 2013). Noutra entrada do blog de marzo xa recolleramos os datos da pasada edición Observatorio IUNE 2014 (con datos do período 2003-2012) nunha tabla; nesta analizaremos  os datos actuais, para a continuación comparar ambos.

Recordamos a prevención que para o análise facíamos entón: Nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade da produción científica analizada.
Táboa que reúne estatísticas do Observatorio IUNE, elaboradas a partir de datos extraídos da Web of Science


A seguinte táboa resume a evolución da producción científica da UDC nos diferentes indicadores mediante a evolución dos rankings respectivos (o emprego de rankings en vez de valores absolutos ou medios proporciona unha visión máis clara da evolución) :

Pode observarse que a UDC mellora una media de dous postos na maioría dos rankings. Só baixa un posto no de colaboración internacional, pero sube tres no de colaboración nacional.

No hay comentarios: