jueves, 9 de abril de 2015

BIBLIOTECAS NACIONAIS


A Biblioteca Nacional de España (BNE) ven de celebrar o seu 300 aniversario. Foi creada por Felipe V en 1711 e abriu as súas portas en marzo de 1712 como Real Biblioteca Pública. En 1716, por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, os impresores tiñan que depositar un exemplar dos libros impresos en España. Nestes dous fitos vese a influencia do carácter centralista e uniformista da nova monarquía borbónica. En 1836, a Biblioteca pasou a depender do Ministerio do Gobernación co nome de Biblioteca Nacional. 

O pasado 25 de marzo entrou en vigor a Lei da Biblioteca Nacional, norma que ten como obxectivo dotar de autonomía á institución. Segundo a exposición de motivos, “a Biblioteca Nacional de España, que actualmente conta con dúas sedes, o edificio do Paseo Recoletos, aberto ao público en 1896, e o edificio de Alcalá de Henares, inaugurado en 1993, é a institución onde se conserva, difunde e transmite la cultura escrita, gráfica e audiovisual española e o centro de referencia para o hispanismo internacional. As súas coleccións [con máis de 30 millóns de publicacións] –de incalculable valor patrimonial– inclúen manuscritos, incunables, impresos antigos, gravados, estampas, debuxos, fotografías, gravacións sonoras e audiovisuais, partituras, mapas, prensa, revistas, carteis e outros materiais”. A Biblioteca Digital Hispánica (da que forma parte a Hemeroteca Dixital)  incorpora máis de 134.000 títulos.
A Biblioteca Nacional de Francia (Bibliothèque nationale de France, BnF) naceu en 1994 coa fusión da Biblioteca Nacional (antiga Biblioteca Real) e da Biblioteca de Francia. Esta última foi creada por François Mitterrand nunha nova sede en Tolbiac, á beira do Sena, na que se conservan os libros, as publicacións periódicas e as coleccións audiovisuais, mentres que as coleccións de historia, arte e historia da arte permanecen na antiga sede. Destaca polos 40 millóns de volúmes das colecciones físicas e polos 3 de Gallica, a biblioteca dixital.



A Biblioteca do Congreso, que conta na actualidade co maior número de documentos[1]
, non limita a súas coleccións ás obras publicadas no país ou realacionadas co mesmo, como fan o resto de bibliotecas nacionais, senon que "as súas colección son universais, non limitadas por materia, formato o fronteiras naturais, e inclúe recursos de investigación de tódolos países e en 450 idiomas. Só un tercio dos libros que adquire anualmente son en inglés.” Ten 224 coleccións dixitais. Ademais de cumprir coa misión típica de cabeceira do sistema nacional de bibliotecas, ten un papel moi destacado na elaboración e mantemento de normas internacionais de bibliotecas (p. ex., MARC 21). E todo iso cando non é nominalmente a Biblioteca Nacional de Estados Unidos, senon a biblioteca de investigación do seu Congreso. Pero de facto é a biblioteca nacional do país.

Foi creada en 1800 polo presidente John Adams coa firma da Lei do Congreso que mudaba a sede do Goberno de Philadephia a nova capital Washinghton, e tivo como primeira sede o Capitolio no que se atopan a Camara de Representantes mailo Senado. Na actualidade, conta con tres edificios na zona e co Packard Campus en Virginia, que alberga o National Audio-Visual Conservation Center.









[1] 160 millóns de items: 37.8 millóns de libros catalogados e material impreso en 470 idiomas, 69.6 millóns de manuscritos; a más ampla colección de rare books do país; e as maiores coleccións do mundo de materiais legais, películas, mapas, partituras e gravacións sonoras)

No hay comentarios: