jueves, 5 de marzo de 2015

O IMPACTO DA ACTIVIDADE CIENTÍFICA DA UDC: actualización 2015

Nesta entrada do blog medimos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas. Na próxima cinguirémonos ás revistas da Universidade. 

Deste informe de citas relativo á UDC, elaborado automaticamente pola base de datos Web of Science, pódense extraer os seguintes índices de impacto:
  • Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados na WoS: 61620 
  • Media de citas por ítem indizado na WoS: 8,14
  • Índice h: 72
Vemos que xunto ao gráfico de citas é necesario considerar o número de ítems publicados, que ten utilidade para o cálculo da promedio de citas pero, sobre todo, para o do índice h.
Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:



Índice h
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
Año
31
30
34
28
27
29
28
25
20
13
5


Nos últimos anos (2011-2014), o índice h diminúe drasticamente porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.

A páxina do Observatorio IUNE ofrece indicadores da actividade científica, moi útiles ao reflectir valores anuais. Como sucede cos índices h anuais, vemos que nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade da produción científica analizada. Con esta precaución, podemos extraer os seguintes valores para a UDC:

Tabla que reúne estadísticas del Observatorio IUNE, elaboradas a partir de datos extraídos de la Web of Science
Tendo en conta a media de publicacións por profesor (ranking 44), a UDC ten un número proporcionalmente maior de publicacións no primeiro cuartil (39) e en Top3 (36). É dicir, de media o profesor publica menos pero en mellores revistas. Tamén é relativamente elevado o grao de cooperación nacional (38) e internacional (38) e o número total de publicacións académicas da UDC (36).

[1] No caso do indicador "Citas de publicacións da UDC" a primeira vista hai un problema de interpretación de valores engadido ao da variación por proximidade temporal, xa que parece difícil conciliar os datos obtidos nesta táboa cos do informe de citas de WoS. Por exemplo, o total de citas neste caso é de 27308, e no informe de citas de máis do dobre. En cambio, no ano 2003, este indicador sinala 3395 e o informe de citas de WoS non chega 2000. Esta diferenza explícase porque a última táboa recolle para cada ano o número de citas recibidas pola produción ese ano e, en cambio, o informe en cada ano unicamente agrupa as citas realizadas nese ano.

No hay comentarios: