martes, 27 de enero de 2015

FIADOR (II): OS RECURSOS


Rematabamos a primeira das entradas dedicadas a Fiador dicindo que a súas guías compoñense fundamentalmente de recursos; destes trataremos neste post.

Os recursos poden localizarse dentro das guías, en listaxes alfabéticas; nos buscadores de recursos, situados na parte superior dereita da interface de Fiador; ou no sitio web da BUDC.  A relevancia desta funcionalidade de procura explica que BUGalicia defina Fiador como “unha ferramenta de localización de recursos electrónicos das bibliotecas que compoñen o Sistema Universitario de Galicia”. As guías permiten a clasificación dos recursos por ámbito, materia ou tema.
 
Páxina de recursos, listaxe A/Z, búsqueda por tipo, materia...

Cada recurso vai acompañado dunha breve descrición e dunhas iconas á súa esquerda que indican o tipo de recurso, modo de acceso, existencia de tutoriales, etc. O significado destas iconas aparece nun cadro de menú abaixo á dereita.

Descrición de recursos nuhna guía

Significado das iconas




         



Á parte dos compoñentes principais da interface de Fiador (guías, recursos, e os seus buscadores respectivos) atopamos outros cadros na páxina, especialmente útiles e adecuados á súa cobertura. Fiador localiza, agrupa e refire desde bases de datos subscritas pola BUDC ata recursos en acceso aberto, pero non revistas electrónicas ou libros electrónicos de pago, así que a páxina inclúe dous formularios de procura destes recursos, de modo que desde a mesma pódense localizar tódolos recursos electrónicos da BUDC. 


E a incorporación dun formulario para “Buscar no catálogo” fai de Fiador un localizador de tódolos recursos (electrónicos e impresos) da Biblioteca da UDC.

Fiador tamén contén unha listaxe de Preguntas Máis Frecuentes (FAQ).
 
Por último, en cada guía figuran os bibliotecarios especializados na materia cos seus datos de contacto e un apartado para o envío de consultas e suxestións.


No hay comentarios: