miércoles, 15 de enero de 2014

Orzamentos da Biblioteca da UDC 2014


A reducción dos orzamentos da Universidade da Coruña para o 2014 cerca dun 4% (pasando de 119.655.933 euros en 2013 a 114.923.507 euros este ano), afectan tamén á Biblioteca Universitaria.

Este ano dispoñemos na Biblioteca da UDC dun presuposto de 1.924.030 euros para o investimento en fondos bibliográficos. O investimento en 2013 foi de 2.144.216 euros.

Como se indica nos Orzamentos 2014, “os fondos de biblioteca sofren un recorte global do 10%, preservando deste axuste as revistas científicas, xestionadas centralizadamente ou desde Bugalicia. O investimento descentralizado en fondos bibliográficos reorganízase e pasa a ser xestionado exclusivamente polos centros”.

No hay comentarios: